ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima hora

Bolsas con mensaxe no taller infantil de pintura mural pola igualdade de Rubiá

 

Os dez nenos e nenas participantes no obradoiro de pintura mural pola igualdade de xénero que se desenvolvía en agosto en Rubiá recibían o mércores 9 de setembro unha entrega moi especial. Fronte ao Concello de Rubiá a monitoria deste taller, Eva Piay, dáballes aos cativos as bolsas elaboradas con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cuxo debuxo foi deseñado por eles mesmos.

As 200 bolsas restantes serán entregadas o vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button