En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Bombillas, culleres ou lambetadas convértense en obxectos máxicos no Barco

Oito establecementos acollían o 19 de xullo os primeiros espectáculos campaña “Eascaparates máxicos” do CCA

Maxia contra o calor e para dinamizar o comercio. É a proposta que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de poñer en marcha coa campaña “Escaparates Máxicos” que se despregará ata o 21 de xullo en vinte establecementos asociados a esta entidade. Os oito primeiros espectáculos, protagonizados pola divertida e sorprendente maxia de Txema Gicó, desenvolvíanse o 19 de xullo.

Pola tarde este mago percorría a Librería Murciego onde un libro e cartas protagonizaban o seu espectáculo, logo a Ganu onde ademais das cartas botaba man de culleres e mesmo dun garfo, mentres que na Ferretería Moncho recurría a unha candea para logo facer aparecer unha bombilla. A xornada remataba na Pastelería Pili, alí facía aparecer unha carta escollida por unha das persoas do público no interior dun limón. En cada un dos locais había sorteos de agasallos entre os asistentes.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis información e fotos:
https://osil.info/maxia-toma-os-escaparates-barco-cca/

Artigos relacionados

Back to top button