EconomíaEconomíaÚltima horaViticulturaXVIII Feira do Viño Valdeorras

Bon Scott Revival Show actuará na Feira do Viño de Valdeorras

Será no marco do I Valdeorrock, previsto o 11 de xullo na praza de Viloira a partires das nove da noite
Cartaz do I Valdeorrock.
Cartaz do I Valdeorrock.

A música e a cultura vitivinícola fúndense por vez primeira no marco da XVIII Feira do Viño de Valdeorras. O programa deste ano aposta por achegar ao público máis xove a través do I Valdeorrock, un festival gratuíto que se desenvolverá na noite do 11 de xuño no mesmo recinto feiral, na praza de Viloira (O Barco).

Comezará ás 21 h. co ritmo de Jurassic Rock Dj e proseguirá con dúas bandas moi diferentes: The Morgans e Bon Scott Revival Show. A primeira delas, xurdida en Ponferrada no ano 2008, fai un rock&roll “con toques británicos e alternativos que respira aires dos 70, 80 e ata dos 90”, en palabras do presidente do Consello Regulador da Denominación Orixe Valdeorras, José Vicente Solarat.

Por outro lado, está a actuación de Bon Scott Revival Show, “posiblemente unha das mellores bandas tributo a AC/DC”, segundo resalta José Vicente Solarat. Trátase dun proxecto musical dunha banda tributo clónica que repasa todos os éxitos da mítica formación australiana AC/DC entre os años 1973 e 1979, baixo a agrupación de Bon Scott, Angus Young, Malcom Young, Phil Rudd e Cliff Williams. Nestes momentos o grupo está realizar a xira do 40 aniversario con actuacións en diferentes lugares da península, entre os que se encontra O Barco.

Texto: A.R.
Máis información na edición en papel do Periódico O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close