OurenseÚltima hora

“Bookcrossing” e recollida de lixo na Semana do Libro en Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas liberaron libros no Centro Comercial Ponte Vella e limparon o Parque Miño

 

Cunha liberación de libros no Centro Comercial Ponte Vella, celebran o Día do Libro os Ecovixiantes de Franciscanas. Bookcrossing con libros de todas as temáticas incluído o de Os Bolechas sobre a recollida de plásticos, bricks e envases lixeiros no contedor amarelo. “Unha cincuentena de libros moi interesantes para que a cidadanía poida entreterse nestes tempos de pandemia”, explican dende o centro.

Non contentos con iso, os Ecovixiantes aproveitaron a ocasión para realizar una pequena limpeza no Parque Miño. Alí retiraron unha boa morea de cinceiros colocados hai uns meses, moi deteriorados xa pero que cumpriron coa función para a que foron postos. O dís rematábano depositando no contedor amarelo os envases xerados no centro durante a semana, nunha nova xornada e van seis, do proxecto  “Apúntate ao reto”.

Os profesores Lalo e Cristina acompañaron nesta actividade aos mozos “que necesitan socializar, divertirse, respirar,…”, asegura Lalo, dando novamente as grazas a Ecourense polos materiais recibidos (mascarillas, guantes e bolsas); ao programa Stars de desprazamentos seguros (Mobilidade Sostible e Segura) e a Sogama polas bolsas amarelas e o lote de libros liberados.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button