DeportesFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

Borja e Ernesto gañan o I Torneo de Pádel das Festas do Cristo

Dezanove parellas participaron nesta competición celebrada na pistas do Pazo do Castro

A febre do pádel chegou a Valdeorras. Así o demostraron as dezanove parellas que participaban na I edición do Torneo de Pádel celebrado no marco das Festas do Cristo 2015 entre o 7 e o 13 de setembro. Ese día, a pista do Pazo do Castro onde se desenvolveu a competición, acollía a gran final. Dun lado a parella formada por Borja e Ernesto e do outro os irmáns Adrián e Ángel Delgado que desputaron un intenso e igualado partido que finalmente se decantaba do lado dos primeiros, que vencían por 7/6-3/6-6/3.

Na fase de consolación os primeiros clasificados foron Chuca e Pablo e os segundos Unai e Roberto.

O torneo estivo organizado por Adrián Delgado (membro do C.T. Barco e profesor de tenis de pádel nas EDM) en colaboración co Concello do Barco que donou os trofeos, ademais de alugar a pista. Tamén contaron co patrocinio de varias empresas que cederon agasallos para os premiados: as adegas Roandi e Godeval, Deportes Sport, Tri-Sport, Hermanos Delgado e Fisioterapia Saúde Valdeorras (Jesús Cabanillas).

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button