OurenseÚltima hora

Bos resultados no programa Exitum de inserción laboral, promovido pola CEO

Das 100 persoas participantes, 65 están traballando e as outras 12 acadaron contratos temporais

 

 

O programa de inserción laboral Ceojobs Exitum, promovido pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), supera as súas expectativas a tres meses de acabar a convocatoria. A finais de xullo, das 100 persoas que se presentaron, 65 están traballando e 12 acadaron contratos temporais.

Este programa está destinado a “persoas desempregadas ou en activo, co fin de mellorar e incrementar as súas capacidades, habilidades e competencias, para acadar o obxectivo de integración no mercado laboural ou ben acceder a unha mellora no seu posto de traballo”. Así, debido ao seu éxito, está previsto que a principios de setembro se poñan en marcha novas contratacións, debido ao inicio da actividade industrial despois do periodo vacacional.

 

Artigos relacionados

Back to top button