DeportesÚltima hora

Bos resultados para Leticia Gil e Carlos Revuelta esta fin de semana

Cada un na súa proba e en lugares diferentes, tiveron sensacións positivas

 

Leticia Gil e Carlos Revuelta.

 

Como preparación para o Campeonato de España de Atletismo, Leticia Gil en Soria e Carlos Revuelta en Leiria (Portugal), acadaron bos resultados nas súas respectivas probas esta fin de semana.

A saltadora valdeorresa participou no Meeting memorial Diego Barranco, que a pesar da ventosa tarde en Soria, e aunque invalidou a maior parte das marcas, volveu saltar, realizando todos os seus saltos válidos por enriba dos seis metros. Finalmente, quedou en segunda posición cunha marca de 6,28 metros, por detrás da italiana Laura Strati.

Pola súa banda, o lanzador Carlos Revuelta, competía no International Throwing Meeting de Leiria. O sábado obtivo a oitava posición, cun mellor lanzamento de 59,7 metros; mentres que o domingo, acadou a mesma posición, pero cunha marca de 60,64 metros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close