CulturaCulturaÚltima hora

Bota a andar en Monforte a proposta cultural itinerante “A paisaxe do Camiño de Inverno”

 

A proposta cultural itinerante “A paisaxe do Camiño de Inverno”, que promove o fotógrafo Adolfo Enríquez (que conta co apoio da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo), bota a andar hoxe no Parador de Monforte de Lemos.

A Xunta achega 21.000 euros a través do programa “O teu Xacobeo” a este proxecto que comprende, baixo un título común, un libro fotográfico, exposicións e faladoiros que se celebrarán tamén en Lalín, Quiroga, Rodeiro e A Rúa.

O libro é accesible de forma gratuíta na web do proxecto e recolle imaxes tomadas en distintos puntos da ruta polo propio Enríquez, un dos fotógrafos galegos con maior proxección nacional e internacional, que conta con sete premios nacionais LUX e dúas candidaturas aos Goya, entre outros recoñecementos.

Nos faladoiros intervirán, xunto ao autor, algunhas das persoas que colaboraron na iniciativa; esta tarde en Monforte participan José Taboada, presidente do Colexio Profesional de Xeógrafos de Galicia, e Aida Menéndez, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Un encontro similar terá lugar o 19 de agosto en Quiroga.

No que respecta ás exposicións fotográficas, poderán visitarse en Monforte ata o 18 de agosto; en Lalín do 17 ao 24 de agosto; en Quiroga do 19 ao 26 de agosto; en Rodeiro do 24 ao 31; e na Rúa dende o 3 ao 10 de setembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button