CulturaCulturaÚltima hora

Bota a andar na Coruña o “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica”

Esta iniciativa cultural, que inclúe 6 actividades ata decembro, está promovida polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

 

Cunha moi boa acollida poñíase en marcha na tarde deste 16 de setembro a primeira das palestras do “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica” na cidade da Coruña. Trátase dunha iniciativa promovida polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que inclúe conferencias e proxeccións dende este 16 de setembro ata o vindeiro 20 de decembro no local desta última entidade cultural.

O programa abríase esta tarde cunha ponencia sobre a guerrilla antifranquista no monte, a cargo do arqueólogo Carlos Tejerizo, que estaba acompañado por dous dos representantes de Valdeorras Infinda, Emilio Vega e Manuel Agra.

A seguinte cita do programa está prevista para o 6 de outubro. Será a conferencia “As Letras de Florencio. O éxito dun proxecto” da man de Deborah Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button