CulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Bota a andar o curso con medidas anti-Covid no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Cos nervios propios do primeiro día os alumnos do CEIP Condesa Fenosa do Barco comezaban a entrar nas aulas neste 10 de setembro, despois de meses sen pisar o seu centro. Ademais está sendo un inicio de curso marcado polas medidas de seguridade fronte ao Covid. Neste xoves empezaban os estudantes de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Os primeiros en entrar no recinto educativo, a partir das 9:15h. eran os nenos dos grupos A. Accedían primeiro á zona do pavillón polideportivo, todos con mascarilla e mantendo as distancias de seguridade e alí agardan, para despois, ir pasando, un a un, á súa aula xunto ao profesor, que antes lles tomaba a temperatura e lle botaba xel hidroalcohólico nas mans.

No exterior do recinto a Policía Local do Barco velaba pola seguridade e por que se respectasen as distancias.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button