CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Bota a andar un novo curso no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco

 

Cos nervios propios do primeiro día tralos meses de vacacións, os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa Fenosa do Barco comezaban na mañá deste 9 de setembro o novo curso escolar 2021/2022.

Aínda que a situación sanitaria é moito mellor que o ano pasado, nos centros escolares mantense o  protocolo Covid do curso pasado. Así, seguindo as indicacións dos profesores e con puntualidade británica, os cativos dunha clase A, estaban na fila ás 9:15 horas e os dunha clase B facíano ás 9:20 horas, mentres os pais agardaban pacientes na beirarrúa de enfronte. A saída deste primeiro día está prevista para as 15 horas.

Os únicos que tiveron un horario diferente foron os máis pequenos do colexio que comezan en 3 anos xa que, teñen o seu propio horario correspondente ao “período de adaptación”.

Ademais das entradas es aídas escalonada, este curso mantéñense tamén os grupos burbulla, as mascarillas e a hixiene de mans, entre outras medidas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button