PolíticaÚltima hora

Bota a andar En Marea en Laza

O acto constituínte da formación contaba coa presenza do deputado autonómico Davide Rodríguez
Davide Rodríguez (de costas) na xuntanza constituínte de En Marea de Laza.

Continúa a posta en marcha de formacións de En Marea ao longo da provincia de Ourense. Na tarde do 17 de xuño constituíase En Marea de Laza, nun acto celebrado no baixo do Concello. No encontro acordaban sumar forzas para “rematar con máis de 30 anos de goberno do PP neste municipio, traballando parroquia a parroquia, pobo a pobo, facendo camiño cara o cambio político en Laza”.

Tamén se incidía en que “ete goberno do PP precisa ser consciente da realidade do noso concello e da nosa comarca, un concello que se desangra poboacionalmente e sen oportunidades económicas e laborais, dende as distintas administracións deben adoptar medidas en materia de xeración de emprego e de desenvolvemento económico da Comarca. O goberno do noso Concello é o goberno formigón, facendo proxectos que non teñen continuidade e tampouco repercuten na calidade de vida dos veciños/as”.

O acto contaba coa presenza do deputado autonómico de En Marea Davide Rodríguez, de Manzaneda, quen indicaba que “Feijóo debe cumplir a súa promesa cos galegos/as, segundo o presidente, esta sería a lexislatura do rural, agora non pode mirar cara outro lado”. Ademais destacaba o compromiso de En Marea co futuro no rural “dende o Parlamento de Galicia, pero tamén dende cada un dos concellos do noso país lembrarémoslle ao señor Feijoo que o noso rural ten futuro e a súa obriga é traballar con ese obxectivo”. Neste camiño, é preciso “achegar En Marea aos concellos e dar voz a veciños/as para que constrúan unha alternativa política”.

Artigos relacionados

Back to top button