ConcellosÚltima hora

Bota a andar pola provincia a Ludoteca Móbil, da Deputación

Esta iniciativa cultural achegará aos cativos obras de teatro, talleres e atraccións durante o verán

Aurelio Gómez Villar, Francisco Baladrón, Pablo Pérez e Manuel Doval.
Aurelio Gómez Villar, Francisco Baladrón, Pablo Pérez e Manuel Doval.

A Deputación de Ourense pon en marcha a Ludoteca Móbil, unha inciativa cultural que realizará unha xira por distintas vilas da provincia durante os meses de verán ofrecendo teatro, talleres e atraccións aos máis cativos. Botou a andar hoxe, coa súa primeira parada no colexio Ben Cho Shey, no Concello de Pereiro de Aguiar. Até este punto desprazouse o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, acompañado polo deputado de Cultura e tenente de alcalde do municipio, Manuel Doval, o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e o coordinador da actividade, Francisco Baladrón.

“Trátase dunha iniciativa que a Deputación de Ourense organiza para os meses de verán e que chegará a varios concellos da provincia, cos obxectivos de mellorar a relación entre cativos a través do xogo, aumentar a participación en actividades colectivas do público infantil, achegar as novas tecnoloxías a todos os espazos da provincia, fomentar as actividades lúdicas ao aire libre e crear unha conciencia positiva entorno aos espectáculos teatrais”, asegurou Pablo Pérez.

Entre as actividades propostas contémplase a obra de teatro infantil “Non teñas medo”, unha carpa interactiva con simulador de condución, karaoke, playstation, toro mecánico, talleres, inchables e festa da espuma. Vai dirixido a nenos a partir de tres anos de idade.

Artigos relacionados

Back to top button