En portadaEntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Boteiros, folións e comparsas conquistan Viana

O multitudinario desfile polas rúas da localidade protagonizou o Domingo Gordo

Ata un total de vinteún folións e comparsas desfilaron o Domingo Gordo polas rúas de Viana do Bolo. Nin a ameaza da chuvia nin as citas en numerosos recunchos da xeografía ourensá, impediron que os bombos, as cornas e os apeiros de labranza resoaran un ano máis pola vila, tomada durante unhas horas polos insignes boteiros.

Pasaban das doce do mediodía cando a primeira comparsa abría o desfile dende o Toural ata a praza Maior. Detrás, un a un ían baixando os demais grupos, da propia vila, da contorna, e doutros pobos máis afastados como Trives ou Petín, contando asemade cos incondicionais portugueses.

Durante o recorrido e sobre todo na praza, o público contábase por centos, atento a cada toque, a cada máscara, con cámara de fotos ou móbil en man, para inmortalizar o momento.

E xa en torno ás tres, despois de máis de dúas horas e media de festa ininterrumpida, tocaríalle o turno á androlla, a outra protagonista do Entroido en Viana do Bolo, que reuníu a máis de 1.500 persoas no pavillón polideportivo. Os participantes no desfile tamén degustaron un menú centrado na androlla, na carpa instalada para a ocasión nas inmediacións da zona deportiva.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button