Publicidade
En portadaÚltima hora

Boteiros vianeses, Felos e Cigarróns xúntanse cos Peliqueiros na apertura do Entroido en Campobecerros

Esta localidade de Castrelo do Val celebrará un encontro "de amigos entroideiros" na tarde do 1 de febreiro

Peliqueiros de Campobecerros./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ata finais de febreiro non chegarán as datas grandes do Entroido, pero na provincia de Ourense xa empeza a notarse o espírito desta festa. Así, ademais da saída do fulión feminino o sábado 1 de febreiro en Viana do Bolo, outra das citas desa xornada será unha “xuntanza de amigos entrodeiros” en Campobecerros (Castrelo do Val).

Así esta localidade recibirá, a partir das 17h. a visita dos Fulións Rurais de Viana do Bolo, xunto cos seus Boteiros, así como a dos Cigarróns de Verín a dos Felos das 12 parroquias de Maceda. Por suposto, non faltarán as máscaras locais: os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close