EconomíaEconomíaÚltima hora

Xantar elixe o Botelo para clausurar a súa décimo novena edición

Xantar clausura a súa décimo novena edición dedicando o día ao Barco de Valdeorras. Unha ocasión perfecta para dar a coñecer o produto máis típico e de referencia da localidade: O Botelo. A encargada de ser profeta da terra en Expourense foi a concelleira de turismo e tenente de alcalde do Barco, Irene Dacal Feijóo.

A lista de convidados foi do máis selecta, pois a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o deputado popular pola provincia no Congreso dos Deputados, Miguel Ángel Viso e o director xeral de Expourense, Alejandro Rubín estiveron na mesa. E, como non podía ser mellor, o botelo estivo maridado con viño da D.O de Valdeorras.

A concelleira de Turismo, Irene Dacal, salientou na súa intervención no acto de clausura que actualmente o Concello do Barco de Valdeorras está en plena campaña de promoción do Botelo en diferentes puntos de Galicia e convidou a todos os asistentes a que acudan ao Barco a degustalo.

O Barco compartiu día co concello de Sober e co de Arnoia.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button