CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“Boys, boys, boys” e “Single ladies”, ao ritmo de De Vacas

Este concerto, que tiña lugar na beira do Sil no Malecón barquense, forma parte do programa “De Perto”

Con “Single Ladies” de Beyonce a ritmo de muiñeira, con pandeiretas e guitarra, concluía De Vacas a súa actuación na noite do 15 de xullo no Barco. Tendo como “marco incomparable” como dicía Gillerme Fernández (á guitarra) á beira do Sil no Malecón, soaban as voces de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero para versionar de xeito orixinal (en galego, español e castelán), atrevido e mesmo con determinadas aportacións persoais éxitos moi coñecidos e, nas súas palabras, “venerados polas masas e maltratados pola historia”.

Entre eles figuraban cancións dos Back Streets Boys, das Spice Girls (como “Wannabe”), de Eva Santamaría (“Hombres”) ou a máis recente de “El Taxi”. Nese singular recital non faltaban tampouco referentes como “Boys, boys, boys” de Sabrina ou unha composición “á nosa maneira” con música de Faustino Santalices.

A seguinte cita de De Perto coa música será o 22 de xullo cun concerto do grupo valdeorrés Tornaxeira no Castelo do Castro. Antes, o 19 de xullo proxectarase o derradeiro documental do ciclo adicado ao rural dentre deste programa é A Seara” de Pepe Coira. Será o 19 de xullo ás 20:30h. na Casa Grande de Viloira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button