DeportesÚltima hora

Brandan Márquez participará na BTT Trevinca que se celebrará o 29 de setembro na Veiga

O ciclista do Tres Lunas Valdeorras, ganador da "Iron Bike Italia", prepara xa a "Cocodrile Trophy" que se disputará en Australia

Brandan Márquez, ciclista do Tres Lunas Valdeorras.

 

Quedan máis de dúas semanas para a celebración da BTT Trevinca 2019 que se celebrará na Veiga , e xa se van coñecendo os ciclistas que estarán no punto de partida, na praza do Concello, o vindeiro 29 de setembro. Tal como avanzan dende o Concello da Veiga, entre eles estaá Brandan Márquez, membro do Club Tres Lunas Valdeorras e ganador da Iron Bike Italia “unha das probas máis duras e mediáticas do mundo”, aseguran dende a concellería de Deportes.

Brandan estará os días  previos á carreira adestrando polo municipio da Veiga, sendo a BBT Trevinca “a primera proba que corre en Galicia tralo seu triunfo e que lles servirá como preparación para o seu novo reto: a prestixiosa Cocodrile Trophy de Australia.

 

Artigos relacionados

Back to top button