DeportesÚltima hora

Brandan Márquez (Tres Lunas Valdeorras), 2º na primeira etapa da carreira de MTB en Australia

O xefe de filas do club ciclista valdeorrés participa na lexendaria "Crocodile Trophy" 2019

O ciclista do Tres Lunas Valdeorras, en Australia. /Foto: Facebook Brandan Márquez.

 

Nin máis nin menos que ata Australia se desprazou o xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras, Brandan Márquez, para participar na Crocodile Trophy 2019, unha das carreiras de MTB máis duras e lexendarias do mundo, que ten lugar no corazón do Tropical Queensland, rematando a primeira etapa no segundo posto da categoría elite.

Tal como explica o propio Brandan o bo da carreira é o espectacular percorrido con pendentes de máis do 30%, “un single track de 20 km e uns descensos cheos de saltos… e que saltos!!”. A parte negativa, as altas temperaturas. “O calor é infernal, cerca de 40° todo o día e eu que son de frío tocume chupar calambres por un tubo”, asegura a través das redes sociais. Así e todo conseguía rematar a primeira etapa disputada hoxe, 12 de outubro, a un segundo do primeiro clasificado, o australiano Michael England.

Mañá domingo, será a segunda etapa: 118 km/ 3450 m entre Lake Tinaroo e Herberton.

 

Artigos relacionados

Back to top button