CulturaCulturaÚltima hora

“Brian, o chinés”, do escritor valdeorrés David Vázquez, o mellor agasallo para un Día das Letras Galegas atípico

Gadis edita 30.000 deste libro dirixido ao público xuvenil para regalar aos seus clientes o 31 de outubro

Portada do libro de David Vázquez, “Brian, o Chinés”.

 

Supermercados Gadis continúa impulsando a edición de libros en lingua galega neste 2020, sumándose á conmemoración dun Día das Letras Galegas atípico cunha aproximación ao público xuvenil. Así, ata fin de existencias, o vindeiro sábado, 31 de outubro, regalará en todos os seus supermecados de Galicia Brian, o chinés.

En total editaranse 30.000 exemplares desta obra escrita polo valdeorrés de Arcos David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide. Trátase dun relato propio, en primeira persoa, dun mozo con Síndrome de Down a piques de acadar a maioría de idade. Un diario cargado de humor e frescura, que narra dunha forma dinámica situacións da vida cotiá do protagonista desde a súa infancia. Describe con gran realismo as dificultades ás que se enfronta, como as afronta e supéraas. Unha visión introspectiva da súa propia diversidade e das persoas que lle rodean. A mirada do seu eu a través dos ollos doutros. Un libro que atrapa de principio a fin.

Desde Gadis poñen o acento en que Brian, o chinés “cumpre unha triple función: apoiar a edición de libros en galego, fomentar a lectura neste idioma entre os mozos e promover a diversidade e integración”.

Artigos relacionados

Back to top button