CulturaCulturaÚltima hora

“Brian, o Chinés” do valdeorrés David Vázquez, unha das obras gañadoras do certame literario Frei Martín Sarmiento

O libro infantil narra a historia dun neno con síndrome de Down

Portada de “Brian, o Chinés”. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Brian é un neno con síndrome de Down, cuxa singular constitución dos seus ollos lle valeu o cariñoso alcume de chinés. É diferente ao resto dos seus compañeiros, especial e marabilloso, con inquedanzas, aventuras e historias que o van facendo sentirse parte dun grupo, con bos momentos e tamén situacións problemáticas que cambian o rumbo dos seus días. É o protagonista de Brian, o Chinés, o libro co que o valdeorrés David D. Vázquez Álvarez conseguía o I Premio Xosé Neira Vilas de relato curto hai xa dous anos e agora un dos premios do certame literario Frei Martín Sarmiento, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

 

David D. Vázquez Álvarez, natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os lectores e lectoras dos colexios pertencentes á rede de Escolas Católicas resolveron coas súas votacións, tras as lecturas, as obras e os títulos gañadores da XVI edición do concurso de literatura infantil, e a historia inclusiva e emotiva contada por David (escritor natural de Arcos, Vilamartín de Valdeorras) conquistou ao alumnado de 5º e 6º de Primaria (3ª categoría).

O propio autor ten explicado que se decidíu a escribir este libro despois de ler un artigo de Manuel Rivas sobre un neno con síndrome de Dawn. “Púxenme a elo acordándome de todos os nenos que tristemente non souben tratar como debería, aprendino máis tarde neste colexio como tantas outras cosas. Nenos, con moitas necesidades educativas especiais”, chegando á conclusión de que “a maior discapacidade non é a destes nenos senón a do corazón, moitas veces reflexadas en palabras que non deberiamos pronunciar. Porque no fondo todos somos iguais, e temos as nosas propias discapacidades. Brian non ten prexuizos para dicir o que pensa, eu tampouco. É moi teimudo e eu tamén. Ten que facer as cousas sempre ao seu xeito, eu tamén. Na túa cabeza sempre está argallando algunha trastada, eu tamén… Porque todos somos Brian”, asegura.

 

Artigos relacionados

Back to top button