Esta brigada militar está instaurada no oriente ourensán para colaborar en materia de prevención de incencios nos montes da zona
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe, 2 de agosto, no seu despacho un encontro institucional co xeral xefe da Brilat ‘Galicia VII’, Antonio Romeo Losada, que acudiu acompañado co subdelegado de Defensa na provincia, Gustavo Doncel. Díaz Mouteira agradeceulle a Romeo Losada a colaboración desta brigada militar nas campañas de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia. Na campaña actual participan un total de 27 patrullas, que no caso da provincia de Ourense teñen a súa base en Trives e Viana.