DeportesKárateÚltima hora

Bronce para Lucía Herrero na final da Liga Nacional de Karate 2020

A karateka do KC River Stone (O Barco) vencía 4-0 na repesca, na proba disputada esta mañá en Málaga

 

A karateka barquense Lucía Herrero Valcarce vén de conseguir un novo metal para o seu medalleiro particular. Desta volta, trátase dun bronce en kumite sub21 (<55kg) na Liga Nacional de Karate disputada no Polideportivo “Ciudad Jardín” de Málaga.

Despois do cuarto posto no campionato de España sub21, da participación na concentración internacional en e do ouro no campionato galego, a deportista do KC River Stone do Barco de Valdeorras viaxaba ata Málaga para participar na final da liga e alí subía de novo ao podio ao lograr un dos dous terceiros postos.

 

Lucía Herrero Valcarce coa medalla de bronce.

 

No primeiro combate Lucía gana 0-7 a Brenda Nerea Ávila, no segundo perdía 5-0 con María Prats, e no terceio, xa na repesca, vencía 0-4 a Ana Sacristán, logrando a medalla de bronce no día do seu santo, Santa Lucía.

En Málaga, Lucía compartía tatamis con dous compañeiros do Centro de Alto Rendemento de Pontevedra que tamén facían podio nas súas respectivas categorías: Xavi Santos e Lucía Guerrero.

Fotos: RFEK

Artigos relacionados

Back to top button