OurenseÚltima hora

Bronce para o Volei Praia Milenio Ourense no torneo disputado en Madrid

O club ourensán mantense así no podio na liga nacional de inverno desta modalidade

 

O Club Volei Praia Milenio Ourense mantense no podio da liga de inverno tralo bronce conseguido no torneo disputado esta fin de semana nas instalacións do Parque Deportivo Puerta del Hierro de Madrid, no que participaba nas categorías masculina e femenina con aspiracións a medalla.

O torneo abríase na xornada do sábado coa competición masculina, onde a parella formada polo arxentino David Guiñazú e o catalán Fabián Castro, quedábase a un paso de conseguir unha merecida medalla despois de realizar un gran torneo.

Na categoría feminina que competía o domingo, a parella formada por Nuria Bouza e Tea Ándric, repetían o resultado da pasada semana en Zaragoza, subindo ao terceiro chanzo do podio. Patricia Calvo e Miriam Arina alcanzaban a quinta posición.

O club ourensán non descansa e con estes resultados seguirá loitando por ter aos seus equipos entre os mellores de España nesta liga invernal que terá a súa seguinte parada os días 28 e 29 de novembro en Zaragoza.

Artigos relacionados

Back to top button