En portadaSanidadeÚltima hora

Brote de Covid en persoal sanitario nos hospitais de Ourense e Verín

Hai 5 casos positivos no hospital ourensán e 8 no verinés e continúase cos estudos de seguemento para determinar a orixe e alcance dos focos, segundo Sanidade

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse da detección dun brote de Covid entre persoal sanitario do Hospital Universitario de Ourense, con cinco casos positivos detectados, e no Hospital Público de Verín, con 8 positivos. Os afectados son traballadores de diferentes categorías de persoal sanitario que pertencen a unha unidade de hospitalización en ambos casos.

Ante esta situación, dende Sanidade vén de poñerse en marcha o protocolo de seguemento e illamento de contactos de risco entre o persoal e os pacientes de ambas unidades de hospitalización, nas que desde onte se bloquearon os accesos e visitas.

“Seguindo as instrucións do Servizo de Medicina Preventiva e da Unidade de Saúde Laboral neste intre son 13 os traballadores en corentena en Ourense e 8 en Verín, e continúase cos estudos de seguemento para determinar a orixe e alcance dos focos”, segundo a consellería.

Artigos relacionados

Back to top button