Galerías de fotosÚltima hora

Bruno Nieto fala na Farixa sobre a produción da web serie “El Quid”

O produtor, guionista e director foi o protagonista da primeira xornada audiovisual organizada no CIFP

Bruno Nieto, produtor, guionista e director da web serie “El Quid” foi o protagonista da primeira charla das Xornadas Cultura en Produción que organizan os alumnos do Ciclo de Produción de Radio Audiovisual e Espectáculos dende o módulo de Xestión de Proxectos de Espectáculos e Eventos do CIFP A Farixa de Ourense.

Acompañado pola tamén produtora Andrea Lorenzo, Nieto desvelou os segredos da produción da web serie, un proxecto rodado integramente en Ourense que contou coa participación de moitas das caras máis coñecidas do audiovisual galego. Durante a súa intervención o xove director comentou cos asistentes os pasos a seguir na produción audiovisual, a necesidade de aprender da experiencia e destacou o valor da perseverancia para conseguir desenvolver un proxecto audiovisual. Tamén adiantou detalles do seu último proxecto, o documental “Mil sorrisos, un perdón” e as diferencias de produción entre proxectos.

O ciclo continúa coa visita o vindeiro venres 5 de decembro de Alfonso Míguez e Héctor Casas que falarán sobre o seu proxecto “P.I.B” (Productor Interior Bruto) para finalizar o 12 de decembro coa charla de Simón Vázquez, director do filme “Las Brujas de E`Lente”.

Artigos relacionados

Back to top button