ConcellosÚltima hora

Bruxelas aproba a inclusión da liña ferroviaria A Coruña-Palencia no Corredor Atlántico europeo

Imaxe da reunión mantida o 24 de maio entre os representantes do Eixo e o coordinador europeo da rede transeuropea de transportes, Carlo Secchi./ Foto cedida.

 

A Comisión fixo pública hoxe a aprobación da integración da liña ferroviaria A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte-O Barco-Palencia no Corredor Atlántico europeo, tal e como se comprometeu o coordinador europeo da rede transeuropea de transportes, Carlo Secchi, co presidente do Eixo, o alcalde barquense Alfredo García na súa reunión do día 24 de maio en Bruxelas. Isto mesmo confirmáballo a comisaria de transportes ao parlamentario galego de En Marea, Luís Villares.

Esta decisión deberá ser ratificada nun trámite habitual polo Consello Europeo de Ministros e polo Parlamento Europeo no prazo máximo dun ano, coa previsión de que o Parlamento o deixe xa aprobado antes da súa disolución en 2019.

A partir de 2021, ano no que entra en vigor o novo programa de fondos europeos, o Goberno español xa poderá solicitar o cofinanciamento das obras coa condición de que estean finalizadas no 2030 como máximo.

“A importancia desta decisión radica non só na competitividade para os portos galegos, ao poder pór as súas mercadorías en toda Europa en tempos competitivos, senón tamén no impulso económico que lle achegará ao interior de Galicia, zona con grandes problemas demográficos pola falta de investimentos e de movemento económico”, segundo se informa dende o Eixo Atlántico.

O secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, recalcou a importancia desta decisión e do traballo integrador e en positivo que o Eixo Atlántico realizou baixo a presidencia do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García. Neste traballo tiveron un papel moi relevante tanto alcaldes e alcaldesas pasados e presentes como o alcalde de Monforte José Tomei, a actual alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Deputación de Lugo; así como empresarios, sindicatos, organizacións cívicas e un amplo espectro de entidades tanto galegas como do Bierzo.

Neste percorrido”, enganden dende o Eixo, “contamos sempre co apoio do Ministerio de Fomento español, no que xogou un papel moi relevante a directora xeral de Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, que foi a artífice de que o Ministerio asumise as propostas do Eixo Atlántico, propostas que á súa vez, asumían e integraban as dos colectivos sociais e institucións tanto de Galicia como do Bierzo”.

O obxectivo a partir de agora será transmitirlle ao novo Goberno a necesidade de axilizar os prazos ao máximo e monitorizar o cumprimento dos mesmos. O secretario xeral, así mesmo, reclamou que dunha vez por todas se cre o Porto seco de Monforte, substituíndo ao polígono empresarial interruptus que ocupa na actualidade os terreos destinados a porto seco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close