OurenseÚltima hora

Budiño, Guadi Galego e Pepo Suevos actuarán na Gala contra o cancro

A terceira edición do festival benéfico celebrarase o 11 de decembro no Auditorio de Ourense
Cartaz da gala benéfica contra o cancro.
Cartaz da gala benéfica contra o cancro.

Tralo éxito das dúas primeiras edicións, coa que se recadaron de preto de 7.000 euros a Gala contra o Cancro volverase celebrar pouco antes do Nadal en Ourense. Así, o venres 11 de decembro ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Ourense vestirase de gala para acoller a terceira edición deste evento que estará presentado polo actor, director e produtor Rubén Riós e os protagonistas da obra audiovisual Vida: Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro.

Nesa ocasión, o festival soldiario contará coas actuacións musicais de Xosé Manuel Budiño (gaiteiro distinguido con múltiples premios e que acaba de presentar o seu disco “Déixame adiviñar”), Guadi Galego (que vén de presentar o seu novo traballo “Lúas de outubro e agosto” co seu éxito Matriarcas, un canto á muller e ás liberdades de xénero) e o humor de Pepo Suevos (cómico consagrado e actor de diferentes series e películas). Completan o cartel, as artistas Laura Novoa, Paula de Arzoá e a Escola de Baile Sabrosura.

A recadación total da gala, organizada pola Asociación Cultural Xuvenil As Canellas e a produtora Claqueta Coqueta, irá destinada integramente á Asociación Española Contra o Cancro. As entradas xa están á venda a un prezo de 5 euros nos seguintes puntos: Umbela, Bar KM 0, Prink Ourense, Centro Deportivo Moovett, Sabrosura Escola de baile, Matiz instrumentos musicais, Tranpitan, Galego estilismo, Panadaría Roberto, Sequesport, Casa Toñita, Libraría Puga, Asociación Española contra o Cancro, Despacho voluntariado AECC no CHUO, e A Central.

Artigos relacionados

Back to top button