ConcellosÚltima hora

Buscan dende hai dous días a un ancián desaparecido en Castro Caldelas

A Corporación de Castro Caldelas emitía o 15 de marzo unha declaración institucional de agradecemento ás persoas e institucións que colaboran no dispositivo de búsqueda

 

Membros de Protección Civil tras finalizar os labores de búsqueda na tarde do 15 de marzo, en Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

Sen resultados. Así concluía o segundo día de búsqueda de Ramón López González, un veciño de 89 anos do núcleo de de Eirexa (parroquia de Alais), no municipio de Castro Caldelas. O seu fillo alertaba ao 112 da súa desaparición na noite do 13 de marzo. Dende alí o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 dábase aviso á Garda Civil, ao GES de Castro Caldelas e a súa Protección Civil.

 

O segundo día de búsqueda concluía tamén sen resultados./ Foto: Carlos G. Hervella.

O operativo de búsqueda, ao que tamén se sumaban agrupacións de voluntarios de Protección Civil de diferentes puntos da provincia, continuaba na xornada do 15 de marzo, pero sen éxito. Na mañá do 15 de marzo dende a alcaldía de Castro Caldelas, ao fronte da cal está Sara Inés Vega, emitíase unha declaración institucional de agradecemento da Corporación deste municipio ourensán e de “profunda solidariedade coa familia e amigos do desaparecido”.

En concreto, manifestan publicamente as grazas a “tódalas persoas, organismos e institucións que, dende o primeiro momento, están prestando a súa colaboración na busca” deste veciño. No texto da declaración faise especial fincapé na axuda do “Corpo da Garda Civil, da Unidade da Policía Nacional adscrita a Comunidade Autónoma e da Axencia Galega de Emerxencias, no operativo coordinado polo xefe provincial de Emerxencias de Ourense”.

Tamén se agradece o labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense, “polo labor altruísta e voluntario que desinteresadamente están prestando aos seus membros”.

Artigos relacionados

Back to top button