EconomíaEconomíaÚltima hora

Buscan potenciar o termalismo ourensán en conxunto co norte de Portugal

A Deputación e a Confederación Hidrográfia Miño-Sil presentan o proxecto “Raia Termal”, de cooperación hispano-lusa
Un momento das xornadas celebradas onte en Melgaço, Portugal.
Un momento das xornadas celebradas onte en Melgaço, Portugal.

Ourense e o norte de Portugal únense para impulsar proxectos que valoricen o termalismo nestas zonas. Así, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), asistiron onte en Megaço (Portugal) a unha xornada enmarcada no “Termalismo como elemento dinamizador do territorio transfronteirizo”, na que os expertos aportan unha perspectiva técnica sobre a captación de fondos europeos para potenciar programas operativos.

Neste marco nace o proxecto “Raia Termal”, que, segundo apuntou Fernández, “nos permite ter a posibilidade de alcanzar un maior financiamento para os nosos proxectos, aumentar e dimensionar a oferta do noso produto pero, ademais, permítenos tsraballar con outros profesionais e xerar transferencia do coñecemento”.

As entidades promotoras deste proxecto son a Deputación de Ourense e a CHMS, tendo como socios aos concellos ourensáns de Bande, Cortegada, Lobios e Muíños e as Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras de Bouro.

Artigos relacionados

Back to top button