OurenseÚltima hora

Buscan a un veciño de Ourense desaparecido dende o 13 de xaneiro

A familia asegura que marhou da casa tras unha discusión coa muller e que non levaba nin carteira coa identificación nin o móbil
Juan Antonio Prieto Cañizo. // Foto: Cedida. 

A familia dun veciño de Ourense, de 43 anos, denuncia a súa desaparición. Segundo os familiares, leva desaparecido dende o día 13 de xaneiro. O desaparecido responde ao nome de Juan Antonio Prieto Cañizo. Segundo as informacións achegadas, saíu da súa casa tras teres unha discusión coa súa muller e non portaba a carteira coa documentación nin o teléfono móbil.

O seu coche apareceu na zona de Covadonga , en Ourense. Dende a Policía Nacional están a realizar a súa busca pero aínda non saben nada del. Juan Antonio residía na zona de Reza. Polo momento, fontes policiais confirman que polo de agora non hai ningunha pista sobre o seu paradoiro.

Segundo a descrición achegada pola familia, Juan Antonio mide 1,70 de estatura e pesa 85 quilogramos. Ten unha tatuaxe no brazo dereito dun dragón e no esquerdo outra dunha araña. Cando marchou da casa levaba un xersei cunha faixa vermella ancha ( o da foto), pantalón negro vaqueiro gastado e unhas zapatillas deportivas de “nike”.

No caso de teres algunha información rogan poñerse en contacto coas autoridades ou no teléfono 744 461 932.

Artigos relacionados

Back to top button