CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Buscando escenarios para un filme, no II Sendeiro Nocturno Teatralizado de Trives

Unhas 120 persoas asistiron á ruta na que apareceron, monxas, bruxas, trasnos e fuxidos

Guiados por “un director de cine chiflado que os acompañou buscando distintas escenas para a súa próxima película polas Terras de Trives”, unhas 120 persoas participaban no II Sendeiro Nocturno Teatralizado-A Cabalar organizado polo Concello da P. de Trives no marco da programación estival.

Sorprendendo aos expectantes camiñates, en cada un dos escenarios o guía tiña preparadas actrices da vila para levar a cabo o sono da súa película e entre o público, ía elixindo para cada escena axudantes de imaxe e son.

Un aquelarre foi a primeira das esceas. “Aquí os visitantes atoparon cunha bruxa facendo a pócima nun caldeiro e mándandolle ás bruxiñas máis novas, que lle levaran as herbas máxicas mentres elas roñaron por tanto esforzo e traballo. Daquela mistura saíu un conxuro ben cómico que mesmo recordaba ao conxuro da queimada”, explican dende a organización.

Camiñando polo monte a carón do río ata a seguinte escena lista para ser filmada era a de tres monxas do 1348 que querían encher a Ribeira Sacra de viñas tendo que facer uso dun meigallo para trasladarse ao futuro e cumprir o seu soño.

Cae a noite e chegan á Fábrica de Chocolate, onde son recibidos polas pantasmas que ofrecen chocolate e Bica aos asistentes. E así, entre trasnos con axouxeres correteando polos soutos chegaba a derradeira escena, uns fuxidos son sorprendidos pola Garda Civil, coa que o peculiar director poñía fin a este II Sendeiro Nocturno Teatralizado deste verán.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button