ConcellosO BarcoÚltima hora

Búscase a Pipi, un macho agapornis perdido no Barco

Pipi marchou da casa na rúa Santa Rita, no Barco.

 

Despois de atopar a Pepi hai uns meses, agora son os propietarios de Pipi, un macho agapornis de 5 meses, os que buscan ao seu paxaro. Tal como explican, na xornada deste venres 23 de xullo “aproveitou un descoido ao deixar aberta a mosquiteira da xanela mentres practicaba voo por casa”.

O seus propietarios defíneno como un agapornis “curioso e inquedo” que come sementes e froita e encántalle o panizo. “Só se mete na súa casiña ao escurecer, o resto do día está libre por casa”, explican, adiantando que marchou da casa na rúa Santa Rita do Barco de Valdeorras, polo que piden que se alguén ten noticias de Pipi, se poña en contacto con eles no teléfono: 607 97 49 55.

Artigos relacionados

Back to top button