OurenseÚltima hora

O C.C.A Ourense Centro pónlle o toque solidario ao Nadal

Tamén van instalar unha piscina con 5.000 bólas na que haberá premios de até 1.000 euros
Presentación da campaña na sede do CC.A. Ourense Centro. // Foto: Carlos Asensio.

O Centro Comercial Aberto Ourense Centro prepara a súa programación de Nadal con actividades “nas que os máis pequenos serán os protagonistas, xa que o Nadal é para eles”, dixo o presidente do C.C.A, Luis Rivera, na presentación deste programa hoxe, 5 de decembro. E todo cun toque solidario.

Así, entre as actividades máis salientables está un Recital Poético Internacional, no que se recollerán xoguetes para os menos desfavorecidos, unha concentración de coches antigos coa que se van recoller xoguetes para os máis afectados pola crise; unha concentración de coches de época, que correrá a cargo da escudería de Coches Antigos de Ourense, na que se recolectarán alimentos perecedoiros que se lle entregarán posteriormente a Cáritas. O responsable da escudería, Paco Fernández, dixo que esperan superar os 1.500 quilogramos da pasada edición.

A todo isto hai que sumar a visita de Papá Noel, que visitará a cidade das Burgas nun coche descapotable, e a da súa maxestade o Rei Melchor e o seu paxe, “que estarán recollendo os desexos dos máis pequenos”, asegurou Rivera.

Finalmente, “para fidelizar as compras no comercio local”, explicou Luis Rivera, vaise instalar unha piscina chea de 5.000 bólas na que os interesados poderán mergullarse nela para atopar premios que chegarán até os 1.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button