DeportesÚltima hora

C.D. Barco e Ourense C.F. xogaranse o ascenso a 2ª B nun play off exprés

Na semifinal, O Barco (4º clasificado) enfrontarase ao Compostela (1º) e o Ourense (2º) ao Arousa (3º)

Derbi C.D. Barco-Ourense C.F. en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na xornada deste mércores 6 de maio, a Comisión de Presidentes Territoriais propoñía por unanimidade aos órganos competentes da Real Federación Española de Fútbol “a finalización das ligas regulares das distintas competicións federativas sen descensos”, e acordar “a disputa de play off` exprés para determinar os ascensos”.

Deste xeito, naquelas competicións nas que a normativa prevía unha fase final levarase a cabo, pero “en formato exprés”, salvo en categorías xuvenís onde se dá por terminada a tempada. No caso das competicións nas que non haxa fase final, “a posición de cada equipo na clasificación determinará o campión e as prazas de ascenso”, aseguran dende a RFEF.

Esta medida afecta directamente a dous dos catro equipos ourensáns de terceira división, o C.D. Barco e o Ourense C.F. que xogarán polo ascenso a segunda B nunha fase de dúas eliminatorias e 3 partidos en total. Nas semifinais, o Barco (4º clasificado) enfrontarase ao Compostela (1º) e o Ourense (2º) ao Arousa (3º); e xa na final xogarán os vencedores das semifinais. Esta fase realizarase en dúas fins de semana consecutivas e en campo neutral determinado pola Federación Galega de Fútbol, presumiblemente a comezos de xullo.

Para o resto de equipos ourensáns, tanto de terceira como de preferente, primeira e segunda autonómica, rematou a tempada.

Comunicado oficial da RFGF

Artigos relacionados

Back to top button