DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco é terceiro trala última vitoria no campo de Calabagueiros

Os valdeorreses vencían pola mínima ao Ourense C.F. no último derbi do ano

Cun gran ambiente (malia o frío) acollía Calabagueiros o último derbi provincial do ano entre o C.D. Barco e Ourense C.F.

Dun lado do campo, o conxunto branco e negro da capital chegaba dende a metade inferior da clasificación en terceira división. Do outro os rapaces de Javi Rey, loitaban polos puntos que os mantiveran na zona alta da táboa. E finalmente, o gol de David Álvarez ao final da primeira parte do encontro, daba a vitoria aos locais que cumprían as expectativas, subindo ata o terceiro posto, a catro puntos do segundo, o Bergantiños.

A seguinte cita para os barquenses será o 17 de decembro no campo da S.D. Negreira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button