Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Cabalgata de Reis de Ourense, en imaxes

Preto de catrocentas persoas formaron parte do séquito das súas Maxestades polas rúas da cidade

Pasadas as seis da tarde do martes 5 de xaneiro, saía da estación de tren Ourense Empalme “unha das cabalgatas de Reis máis numerosa dos últimos anos en Ourense”, segundo o Concello, con preto de catrocentas persoas formanado parte do séquito das súas Maxestades os Reis de Oriente, entre grupos de teatro, danza e música.

A Real Banda de Gaitas de Ourense era a encargada de abrir o desfile que, despois de percorrer a cidade durante case dúas horas, remataba como vén sendo habitual, na praza Maior de Ourense, coa recepción por parte da corporación municipal.

A comitiva estivo formada por unhas vintedúas animacións entre as que non faltaron os personaxes tradicionais da cidade, mesturados conrecreacións de fantasía e maxia, sen esquecer o caminón antigo dos Bombeiros de Ourense. Unha bola xigante anunciaba a presenza dos tres reis: o primeiro, Melchor, acompañado por fadas; de seguido, Gaspar e o seu séquito de seres máxicos do bosque; e finalmente, Baltasar, cunha alegoría da xuventude e da maxia. A última carroza pasaba cargada de xoguetes e de animación musical que fixo as ledicias do numeroso público que, malia a chuvia, encheu as rúas da cidade.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button