ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Cabalgata de Reis en Viana o 5 de xaneiro e Belén vivinte o día 6

Imaxe dos Reis Magos en Viana nun Nadal anterior.

 

A tarde do martes será un momento especial para Viana do Bolo xa que recibirá a visita dos Reis Magos. Ás 16:00 na canle de YouTube do Concello retransmitirá a recepción oficial das súas Maxestades de Oriente.

Despois, os Reis percorrerán as aldeas para visitar a nenos que viven nelas e ás 19horas achegaranse á vila de Viana do Bolo nun desfile especial. Dende o Concello aconséllase aos cativos que miren “polas fiestras, polos balcóns, ou que permanezan diante da porta da casa para saudar e gozar da maxia da presenza dos Reis Magos”.

E xa o mércores 6 de xaneiro cobrará vida no Cabo da Vila o chamado “Barrio de Belén” de 17 a 18 horas e contará con medio cento de figurantes e coa colaboracióin de diferentes asociacións co municipio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button