CulturaCulturaÚltima hora

Cabalgata de Reis estática na praza do Concello do Barco o 5 de xaneiro

A Concellería de Cultura barquense vén de presentar o programa de Nadal, que incluirá teatro, cine e actividades lúdicas

Imaxe da cabalgata do pasado Nadal no Barco./ Foto: A.R.

 

Os Reis Magos viaxarán na tarde do vindeiro 5 de xaneiro O Barco, pero a súa visita será diferente á de anos anteriores. Así, segundo vén de informar a Concellería de Cultura do Barco, farase unha cabalgata, pero estática. É dicir, os Reis Magos estarán a partir das 18h. na praza do Concello do Barco.

Ademais a Concellería de Cultura do Barco vén de presentar o seu programa de Nadal que incluirá moito teatro, así como actividades lúdicas e cine para nenos e maiores.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button