ConcellosO BarcoÚltima hora

Cabalgata estática de Reis no Barco, a partir das 18h. do 5 de xaneiro na praza do Concello

Imaxe da cabalgata do pasado ano no Barco./ Foto: A.R.

 

Fieis á súa cita co Barco, na tarde do vindeiro 5 de xaneiro as súas maxestades de Oriente visitarán novamente a vila. Pero será unha visita diferente á de anos anteriores.

Así, segundo vén de informar a Concellería de Cultura do Barco, en lugar da tradicional cabalgata, farase unha cabalgata estática a partir das 18h. na praza do Concello do Barco e gardando estritas medidas de seguridade.

Nun recinto na praza do Concello situaranse as carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar. Para acceder a elas será necesario seguir un circuíto que comezará na praza do Príncipe, e no que se controlará, por parte da Policía Local e de Protección Civil, que se respecten as medidas sanitaras (distancia de seguridade, uso de mascarillas, etc.). O circuíto terá a súa saída, unha vez os nenos se encontren cos Reis, pola praza do Concello.

Con anterioridade a esta cabalgata estática, os Reis farán un percorrido pola vila en coches descapotables para saudar a nenos e maiores.

 

Artigos relacionados

Back to top button