Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Caballería “todoterreno” patrulla a cidade das Burgas

Seis unidades equinas da Policía Nacional, con base en Madrid, fixeron un percorrido pola zona termal de Outariz e mañá fará unha exhibición dentro do Plan Director de Participación Cidadá

A caballería da Policía Nacional toma a cidade das Burgas. Un total de seis unidades equinas estiveron hoxe, 15 de xuño, facendo un percorrido pola contorna termal de Outariz. A Unidade de Caballería está na cidade pola clausura do Plan Director de Participación Cidadá da Policía Nacional, que se celebrará mañá, 16 de xuño, no Campo de Fútbol de O Couto. Neste peche, está previsto que asistan máis de 4.000 alumnos de diferentes centros ourensáns de 36 colexios diferentes.

Durante este acto, levarase a cabo a exhibición con helicópteros con francotiradores, o grupo operativo especial, que farán rappel e asalto a vehículos, guías caninos para detección de explosivos e delincuentes e a propia caballería.

Segundo explicou o oficial xinete Mario Borjón Pascua, esta unidade de Caballería pode estar presente en multitude de terreos. “Podemos controlar unha manifestación até patrullar os montes”, asegurou. Este oficial salientou que no eido do monte “estamos no medio natural do cabalo” polo que lles é máis doado entrar e acceder a lugares que un vehículo non podería. En canto a esta contorna das termas, asegurou que “é un sitio privilexiado para os galegos que pouca xente ten”.

Rubén Díaz e o seu compañeiro Heinze forman parte desta unidade equina dende hai sete anos. Segundo explicou este xinete policía, “cabalo e axente son un”, é dicir, que os axentes sempre teñen o mesmo compañeiro equino. Este axente explicou que a base téñena en Madrid, “pero viaxamos por toda España, aló onde se nos requira”. Este axente contou que xa estivera o ano pasado patrullando, xunto con Heinze, os montes da provincia dentro da tradicional “Operación Lume”. Rubén Díaz explicou que, máis que axudar a previr incendios, a función da Caballería da Policía Nacional é a de “estar presentes”, é dicir, que a xente, “o boca a boca”, transmita que hai caballería nos montes para que os pirómanos non prendan lume.

Así é todo, o patrullar os montes a cabalo fai, como xa se dixo anteriormente, que teñan acceso a zonas de difícil chegada dun vehículo motorizado e están presentes no medio natural do animal. Ademais, explicou Díaz, a altura do cabalo “dá mellor campo de visión” polo que se fai máis doado establecer un rango de vixilancia nos montes.

Tras a exhibición de mañá, a Unidade de Caballería volverá á súa base en Madrid, pero dende a Policía Nacional confirman que ao longo da tempada estival, co aumento do risco de incendios, a Caballería volverá patrullar os montes da nosa comunidade para a prevención de incendios.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button