Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Caballero comeza o ano reuníndose co partido socialista valdeorrés

Visitaba O Barco na mañá do 3 de xaneiro e, tras reunirse coa Xunta de Persoal do HCV, mantiña un xantar cos membros do PSdeG da comarca e coas Xuventudes Socialistas barquenses en Viloira

A axenda do 2018 do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, vén de encetarse en Valdeorras. Na mañá do 3 de xaneiro achegábase ata O Barco, onde mantiña un encontro coa Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), e de seguido asistía, acompañado por outros membros do partido como o secretario provincial, Rafael Rodríguez, a un xantar no Asador de Viloira.

Esta comida, organizada polas XSG do Barco para os militantes socialistas da comarca, tiña previsto comezar coas intervencións do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; do xecretario xeral do PSdeG de Ourense, Rafael Villarino, do secretario Xeral das XSG, Nabor González, e das XSG do Barco, Adrián Borrajo, así como dos alcaldes socialistas dos concellos da comarca, Alfredo García, Miguel Bautista, Luis Gudiña e Enrique Álvarez.

Esta visita coincide ademais coa renovación da executiva das Xuventudes Socialistas do Barco nunha asemblea celebrada o 2 de xaneiro na vila. Adrián Borrajo Rodríguez repite como secretario xeral da agrupación municipal, Roberto Macías García é elixido secretario de Organización e Acción Electoral e Julia Noelia Fernández Pérez secretaria de Política Institucional.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/supresion-das-areas-sanitarias-erro-garrafal-goberno-da-xunta/

Artigos relacionados

Back to top button