PolíticaÚltima hora

Caballero e a ministra Isabel Celáa, na Festa da Rosa en Ourense

O secretario xeral dos socialistas galegos incidía na importancia da participación o 10N e chamou a "mobilizarse a tope"

 

O recinto feiral de Expourense convertíase en escenario neste 13 de outubro da Festa da Rosa en Ourense, que contaba coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e da ministra de Educación e voceira do Goberno, Isabel Celáa, que destacaban a importancia de “non perder nin un minuto” á hora de saír á rúa a convencer da importancia de ir votar o vindeiro 10 de novembro.

“Non podemos permitir que un só voto de progreso quede na casa, porque nos xogamos o futuro e a prosperidade da España e da Galicia que queremos”, evidenciou o líder dos socialistas galegos, quen chamou a “mobilizarse a tope”, dicía Caballero. Tamén insistíu na importancia da participación o 10 de novembro “para frear ás dereitas e á ultradereita” e “para dicirlle a Casado, a Abascal e a Rivera que queremos a Pedro Sánchez como presidente do goberno”.

Pola súa banda, a ministra de Educación chamou a vencer o “discurso de la antipolítica que están facendo as dereitas e a ultradereita, que buscan ganar as eleccións grazas á desmobilización”. Ademais cargou contra aqueles partidos que “ponen un cordón sanitario a un partido con máis de 140 anos de historia” e despois “unen os seus votos a Vox” alí onde lles dan as contas.

A encargada de abrir o acto foi a cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Marina Ortega, quen chamou a “encher as urnas de ilusión e de dereitos” o vindeiro 10 de novembro, fronte á “suma das tres peores dereitas dos últimos anos” nunha coalición na que “Vox lidera o ideario”.

E despois de advertir de que unha provincia como Ourense “necesita o avance” que representa o goberno socialista, o secretario provincial do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, subliñou que “necesitamos este goberno” para “dar un cambio a esta terra” e impedir que se converta nun “erial”.

Como mostra, o dirixente provincial socialista apuntou que Ourense ten a idade media máis alta de España e a taxa de actividade máis baixa, polo que urxiu “un proxecto que dea un cambio a esta terra” como o que representa Pedro Sánchez e como o que traerá Gonzalo Caballero, “o próximo presidente da Xunta”.

 

Artigos relacionados

Back to top button