Cabo da Vila despide o Entroido de Viana do Bolo co enterro da sardiña

Unha enorme sardiña percorría a vila de Viana do Bolo na noite do Mércores de Cinza. Tras ela ían numerosas persoas, nun longo traxecto que remataba na zona máis antiga da localidade: o Cabo da Vila. Alí os veciños perfilaban os últimos detalles dun día cheo de preparativos para celebrar unha edición máis do “Enterro da Sardiña”, unha festa que comezou sendo para este barrio e que hoxe se convertiu en multitudinaria, constituíndo o broche definitivo do Entroido vianés.

Numerosas persoas asistían tamén este ano a esta cita, que concluía cunha sardiñada para os asistentes, acompañada de viño e, como sobremesa, unhas deliciosas torrexas elaboradas polas mulleres do Cabo da Vila. Sen dúbida, o mellor xeito de despedir o intenso Entroido de Viana.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies