CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cabo da Vila, entre os grupos do I Festival de Rock&Anllo en Sober

Neste evento, que terá lugar o 17 de xullo, actuarán tamén Doc Magoo´s, The Carallos e dous Dj’s locais
O grupo Cabo da Vila, de Viana do Bolo, nunha recente actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.
O grupo Cabo da Vila, de Viana do Bolo, nunha recente actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

O campo da festa de Anllo Santo Estevo, no municipio de Sober, será escenario o 17 de xullo do I Festival de Rock&Anllo. Nesta cita musical están previstas as actuacións de tres grupos, entre os que figura a formación vianesa Cabo da Vila, ademais de Doc Magoo´s (de Monforte de Lemos) e The Carallos (de Sober).

Neste evento, no que colabora o Concello de Sober, tamén soará a música de dous Dj’s locais: Nacho, de Rectoral de Anllo; e Iván, de Sistindomato.

O rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, anima a “todos os mozos e mozas da comarca a participar neste novo evento musical, así como a todos e todas os que se atopen de visita pola Ribeira Sacra”.

Artigos relacionados

Back to top button