CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto de Cabo da Vila no café bar Luna’s da Rúa

A banda de rock está de xira presentando o seu novo disco “Antes de que me coman los gusanos”

Fresco e dinámico, sen pausas e potente. Así está sendo o directo na presentación do novo traballo de estudo de Cabo da Vila “Antes de que me coman los gusanos”, co que a banda de rock regresa ao panorama musical tras uns meses de descanso.

Con este disco (o quinto na súa traxectoria muscial), Cabo da Vila regresa ás súas orixes cun rock máis urbano, dos anos 80, sinxelo e fresco, lonxe da perfección extrema da música enlatada, incluíndo temas como “Filibustera”, “Con la corteza de un sauce” ou “Deja que digan lo que quieran”. Cancións que podían escoitar os asistentes ao concerto que o cuarteto formado por Samir, Óscar, Marcos e Javier, daba na noite do 4 de xuño no café bar Luna’s da Rúa.

A seguinte parada da xira presentación do disco que veñen de estrear, será o vindeiro 11 de xuño no festival Canda 2016. Tamén actuarán na Sala Baranda do Barco de Valdeorras o 17 de xuño e no pub Chiricahhua de Viana do Bolo o día 24, entre outros concertos pendentes de confirmar.

Fotos: Conchi Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button