EconomíaEconomíaÚltima hora

“Cacemos xuntas os vertedoiros ilegais”, unha iniciativa para atopar todos os puntos de vertidos no monte

Terá lugar do 19 de xullo ao 30 de setembro da man da organización Segredos de Pantón, e haberá premios para as persoas que máis lugares envíen

A organización Segredos do Pantón organiza a iniciativa “Cacemos xuntas os vertedoiros ilegais”, cuxo obxectivo é atopar tódolos puntos de vertidos ilegais para facerllo saber ás autoridades. Comezou o pasado 19 de xullo e rematará o 30 de setembro.

 

Cartaz da iniciativa.

 

A actividade consiste en si ves un vertido ilegal, enviar unha foto á organización; ben ás redes sociais de “Segredos de Pantón”, ao correo segredosdepanton@gmail.com, ou ben ao teléfono 662 669 223.

Ademais, as persoas que máis lugares envíen gañarán distintos premios. O primeiro será un lote de productos “O Fogar dos Soños”, e unha botella de Vertixe e outra de Oh my God. Así, o segundo gañará unha botella de mencía de Almanova de AlmadasDonas, ademais dun bote de mel e unha botella de aceite da man de Panadería Tarrazo. Por último, o terceiro premio será o libro “O raposo Rufo en O coidado do medio” de Estudio Gnomo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close