En portadaÚltima hora

Cae no Barco un dos premios de máis de 90.000 euros da Bonoloto

O boleto premiado (5 acertos + complementario) foi validado na Administración de Loterías nº 1 do Barco de Valdeorras

Exterior da Administración de Loterías nº 1 do Barco. /Foto: A.R.

 

Espertarse unha mañá cun gran número de ceros na conta non é imposible, sobre todo se se xoga á Lotería. De feito iso é o que lle pasou a un xogador da Bonoloto de segunda categoría (5 + complementario) cuxo boleto, selado no Barco, resultou gañador dun dos dous premios de 94.625,83 euros do sorteo do mércores 26 de xaneiro.

Non todos os días se reparte un premio destas características polo que na Aministración de Loterías nº 1 do Barco de Valdeorras (praza Lauro Olmo), onse foi validado o boleto gañador, amosábanse moi contentos. “En España houbo onte dous acertantes de segunda categoría (5 acertos + complementario) e estamos encantados de que un deles sexa o noso”, aseguraban esta mañá na administración barquense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button