ConcellosEn portadaÚltima horaVilamartín

Cae o falso teito do Centro de Saúde de Vilamartín

Este suceso tiña lugar na fin de semana, momento no que non había actividade clínica neste centro

Imaxe: cedida.

 

Na pasada fin de semana desprendíase o falso teito e ferralla do Centro de Saúde de Vilmartín, unha situación que, segundo vén de informar CIG Saúde, ten suposto desprazar “aos profesionais a pasar consulta nas instalacións do PAC do Barco. Por sorte, non houbo feridos por suceder cando non había actividade clínica no centro”.

Ademais dende este sindicato dirixíase un escrito, asinado por Suso Vilasánchez, á Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco para manifestar o seu malestar polo estado de “coidado e conservación dos nosos centros”, tanto no aspecto material “como en dotación de recursos humanos”. Ademais, nese escrito a CIG Saúde do Barco solicita a “revisión xeral de tódolos centros de saúde do noso distrito comezando polo máis antigos, en orde a valorar a seguridade estrutural das construcións”.

 

 

“O PAC do Barco é a opción máis rápida”, segundo a área sanitaria ourensá

Esta central sindical tamén solicita información escrita “sobre a seguridade estrutural dos centros sanitarios do noso distrito” e indica que, “tendo tamén constancia de que os profesionais dese centro foron derivados ás instalacións do PAC do Barco para pasar consulta, solicitamos que a administración se faga cargo dos custos de desprazamento dos pacientes, xa que só á administración é imputable a necesidades destes desprazamentos”.

Ademais, tras o desprendemento do falso teito do Centro de Saúde de Vilamartín de Valdeorras, producido esta madrugada, a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense vén de indicar que “ante a necesidade de permitir o traballo dos técnicos e manter a actividade asistencial esta mañá , os profesionais de Vilamartín trasladaronse ás consultas do PAC de O Barco, para desde alí poder atender tanto as consultas telefónicas como presenciais ata que se avalíen e reparen os danos”. Así mesmo, indican que o PAC de O Barco “é a opción máis rápida xa que as consultas só se empregan en xornada de tarde de luns a venres”.

Así mesmo, dende a área saintaria ourensá asegúrase que o Centro de Saúde de Vilamartín xa está “reparado” e que “mañá retomarase a actividade directamente en Vilamartín”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button