En portadaGalerías de fotos

Cae o telón no “Teatro nos escaparates” barquenses

A sesións do 2 de xullo completan o calendario de actuacións desta campaña promovida polo Barco CCA

18 funcións noutros tantos establecementos. O teatro conquistaba ao comercio e tomaba posesión dos seus escaparates para achegarse ao público e ao mesmo tempo dinamizar a vila. Numerosas persoas seguían ao longo de tres días esta orixinal campaña organizada dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Así entre o 30 de xuño e o 2 de xullo o grupo berciano Benevivere despregaba pequenas pezas que se caracterizaban polos seus toques de humor.

Na derradeira xornada de actuacións podía desfrutarse destas obriñas nos escaparates de Varadero, Tintorería Servimat, Miranda X, Garoba, Can Can e Bar A Cova.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button